Hoxe na aula da CiberCaixa Mallos da Coruña puidemos coñecer ao grilo femia Mona Lisa, un insecto que salta e ata é considerado... un alimento moi nutritivo para algunhas culturas! Para moitos é símbolo de boa sorte, como ocorre na peli Mulán co grilo que lle regala a súa avoa para darlle sorte. Pero tamén adoita ser odiado polos sons que pode emitir o grilo macho nunha noite calorosa na que os humanos tentamos durmir.
O grilo da sorte de Mulán.
Imaxes do grilo femia Mona Lisa na súa caixiña. |
Puidemos observar a Mona Lisa con detemento e aquí tedes as conclusións nunha folla de traballo na que por unha banda poderedes pescudar se as afirmacións sobre as características do grilo son verdadeiras ou falsas e pola outra, coñeceredes a lenda da avoa grilo.
porque hay que leerlo podia ser de audio
ResponderEliminarTenemos muchos audios en el blog y nuestra cuenta de Youtube. Y sí, a veces hay que leer para entender y opinar sobre el mundo que nos rodea
ResponderEliminar