viernes, 18 de junio de 2021

Hoxe recibimos a visita do grilo femia Mona Lisa

riding a ladybug
Hoxe na aula da CiberCaixa Mallos da Coruña puidemos coñecer ao grilo femia Mona Lisa, un insecto que salta e ata é considerado... un alimento moi nutritivo para algunhas culturas! Para moitos é símbolo de boa sorte, como ocorre na peli Mulán co grilo que lle regala a súa avoa para darlle sorte. Pero tamén adoita ser odiado polos sons que pode emitir o grilo macho nunha noite calorosa na que os humanos tentamos durmir.
 O grilo da sorte de Mulán. 

 Imaxes do grilo femia Mona Lisa  na súa caixiña. 



Puidemos observar a Mona Lisa con detemento e aquí tedes as conclusións nunha folla de traballo na que por unha banda poderedes pescudar se as afirmacións sobre as características do grilo  son verdadeiras ou falsas e pola outra, coñeceredes a lenda da avoa grilo. 




Os grilos, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com

2 comentarios:

  1. porque hay que leerlo podia ser de audio

    ResponderEliminar
  2. Tenemos muchos audios en el blog y nuestra cuenta de Youtube. Y sí, a veces hay que leer para entender y opinar sobre el mundo que nos rodea

    ResponderEliminar