Levamos tempo saíndo ao patio interior do Centro Cívico dos Mallos a practicar voleibol. Que vos parece se profundamos neste deporte e coñecemos un dos seus movementos principais?
No seguinte vídeo podedes ver as explicacións dun youtuber que coñecedes e utilizadades para perfeccionar os vosos toques. Imos volear entón?
Retos propostos por Mauro Isaac
- RETO1: Lanza o balón ao aire e realiza o toque de dedos despois de que bote no chan
- RETO2: Realiza o toque de dedos achegando e afastando o teu corpo á parede
- RETO 3: Realiza o toque de dedos con xiros medios
- RETO 4: Realiza o toque de dedos con xiros completos
No hay comentarios:
Publicar un comentario