O debuxo automático consiste en mover o lapis "aleatoriamente" polo papel ata completar a folla.
Miró realizou moitos debuxos usando esta técnica.
Necesitamos unha folla branca de debuxo, unha cera ou lapis negro, lapis ou ceras de cores.
Primeiro imos colocar a folla sobre a mesa. Asegúrarvos de ter o espazo suficiente para poder movervos.
Despois pechamos os ollos e debuxamos rapidamente coa cera ou o lapis de cor negra combinando liñas rectas e curvas.
Cando o debuxo automático estea listo, pintade as formas con cores vivas (amarelo, vermello e azul ), pintando a totalidade da folla.
A continuación, déixovos unha imaxe de exemplo.
Xa traballamos as letras en febreiro e as formas que empregaba Joan Miró. Agora o que imos tentar é coñecer a súa evolución artística.
Este e o resumo do que imos facer. Mais abaixo tedes sete diapositivas, como vedes neste esquema, e en cada unha delas podedes realizar diferentes cousas, menos na diapositiva 1 que é unha portada. Propóñovos seguir xogando coas pinturas de Joan Miró!!!! Disfrutade!!!
liveworksheets.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario