martes, 23 de febrero de 2021

O Taller Joan Miró empeza coas letras

O outro día xa vos comentei que fun á exposición de Joan Miró que empezou o 20 de febreiro na Fundación Barrié que está nos Cantóns da Coruña. 

Creo que é interesante coñecer a este pintor por toda a súa traxectoria artística  pero ademais porque está sempre presente na nosa aula. Sabedes por que vos digo isto? 

A primeira parte do taller é para os máis peques da ciber. Imos xogar coas letras e practicar a atención e a nosa motricidade fina co rato do computador.

 Pero non vos despistedes porque seguiremos analizando a vertente artística deste coñecido pintor con cadros como o seguinte, que puiden ver na exposición onde Miró decía que quería  asasinar a arte. Teño moitas ganas de coñecer a vosa opinión respecto diso 

 


Aquí vos deixo a primeira parte do taller para traballar coas letras. Son oito diapositivas, en todas podedes facer algo (mover letras, unir con frechas...) menos na portada.Fixádevos ben!!:




No hay comentarios:

Publicar un comentario