jueves, 4 de febrero de 2021

Conferencia: "Confía no meu, son enxeñeira."


A Asemblea Xeral da ONU declarou o 11 de febreiro o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia en recoñecemento ao papel crave que o xénero feminino desempeña na comunidade científica e a tecnoloxía. Na súa resolución do 22 de decembro de 2015, o órgano das Nacións Unidas onde están representados todos os Estados Membros xustificaba a proclamación deste Día Internacional para apoiar ás mulleres científicas e promover o acceso das mulleres e a nenas á educación, a capacitación e a investigación nos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas, así como a súa participación nesas actividades, a todos os niveis.



O MUNCYT súmase á conmemoración do Día da Muller e da Nena na Ciencia cunha programación especial en liña para os centros de Educación Secundaria e Bacharelato. Docentes e escolares poderán ver en directo unha charla inspiradora sobre o papel da muller na ciencia liderada por Raquel González Sola -Airbus DS Operations Industrial Strategy Senior Manager-, Elena María Moya Sanz -Airbus DS Structural Design Engineer-, Patricia Pineda Espinosa -Airbus Structure Fatigue & Damage Tolerance Engineer-.


No hay comentarios:

Publicar un comentario