domingo, 14 de marzo de 2021

Visitamos online CROMÁTICA a Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea na CORUÑA

A Obra Social Abanca organiza unha mostra onde aposta  por unha exposición cromática, que encerra entre as súas paredes todo o optimismo, a vitalidade, a creatividade e a ilusión que desprende esta montaxe e as obras que a forman


Nesta Mostra Internacional a ilustración abórdase a través de moi diversos formatos e técnicas: videoxogo, guache, colaxe, cerámica, animación… ofrecendo con todo iso un percorrido dinámico e sorprendente pola ilustración de primeira liña

Non vola podedes perder!! 

  • ONDE:

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • DATAS:

    11 MAR a 11 XUÑ 2021

  • HORARIO:

    LUNS a VENRES 17.00 a 20.30 h e SÁBADOS 12.00 a 14.00 e 17.00 a 20.30 h

    DOMINGOS e FESTIVOS, pechado.

  • ENTRADA:

    Gratuíta

ARTISTAS

A exposición recolle o traballo de 19 artistas recoñecidos nacional e internacionalmente: David Méndez Alonso, Abi Castillo, Óscar Raña, Tayone, Héctor Pichel e Iris Branco, Agathe Sorlet, Petra Eriksson, Aka Corleone, Samya Arif, Margaux Carpentier, Tina Siuda, Diana Ejaita e Agustina Shuan, Conrad Roset, Coco Dávez, José A. Roda, Verónica Grech e Coco Escribano.

 

MATILDE RODRÍGUEZ | COMISARIA

 

ACCEDE Á VISITA VIRTUAL

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario