Un dos
usuarios de CiberCaixa propuxo na
asemblea matinal crear xoguetes
reciclados con materiais que xa non imos usar.
Reutilizar materiais é unha boa forma de consumir de forma
responsable, disciplina que aposta por que cambiemos os nosos hábitos elixindo
opcións de consumo respectuosas co medio ambiente e coa nosa sociedade.
Aprendemos a consumir de maneira responsable? Lembrades as
3 R do consumo responsable?
Trátase dunha proposta da asociación
Greenpeace para poñer
en marcha nos fogares que queiran participar no consumo responsable, e que ti
tamén podes poñer en práctica para contribuír á mellora do medio ambiente e da
nosa sociedade. Memoriza as 3 R!
Reducir
Se reducimos o consumo de bens físicos e de enerxía, non só
aforraremos recursos, senón que minimizaremos o seu impacto no medio ambiente.
Reutilizar
Esta R refírese a dar
unha segunda vida útil a un produto. Isto non só redúcese a arranxalo se sufriu
algún dano, senón tamén a botarlle imaxinación para utilizalo doutra maneira. A
roupa, por exemplo, cando está vella, pode ser reutilizada como panos de
limpeza ou mesmo para facer coxíns.
Reciclar
O sistema de consumo actual xera envases reciclables, é
dicir, que se poden descompoñer nos seus materiais básicos e ser fabricados de
novo, por iso é importante separalos no ámbito do fogar e poder utilizar a
menor cantidade de recursos posible.
Xoguetes creados na CiberCaixa
Na CiberCaixa utilizamos materiais como o cartón reutilizado, caixas de zapatos, papel reutilizado, tapas de plástico, pinzas de madeira da roupa, escarvadentes de madeira, petiscos de madeira para carne ou feixe, plastilina usada, rolos de papel de cociña e la. E estes son os nosos xoguetes: futbolín, castelos, vermes...