jueves, 30 de mayo de 2024

Percusión corporal

 


A percusión corporal é unha disciplina presente desde a prehistoria e que consiste en crear ritmos e sons a través do propio corpo. 

 Toda cultura ten tradicións de percusión corporal e esta pódese utilizar para acompañar música ou como unha coreografía. 

 Por unha banda, fomenta a aprendizaxe de elementos básicos da linguaxe musical como as distintas propiedades do son: timbre, altura, intensidade e duración ademais do ritmo, o tempo e a métrica. 

Doutra banda, axuda a coordinar o movemento e desenvolver as actividades motrices fundamentais. A percusión corporal tamén estimula o cerebro, axuda en diversos procesos neurolóxicos como a atención, a memoria, a concentración e capacidades para a linguaxe ou a matemática e fomenta o traballo en equipo e a integración. 


 Que vos parece facer algún exercicio de percusión corporal coas cancións dos seguintes vídeos?







Podedes seguir xogando coa música aquí: 






No hay comentarios:

Publicar un comentario