Feliz Día de África! Esta celebración comezou o 25 de maio de 1963, cando 32 líderes de países africanos reuníronse en Adis Abeba, a capital de Etiopía, para crear o que hoxe chamamos a Unión Africana (UA).
Agora, África ten 55 países e unha poboación de 1,400 millóns de persoas, sendo o segundo continente máis poboado despois de Asia. Ademais, África é o continente máis novo, xa que o 60% da súa poboación ten menos de 25 anos.
No Día de África, celebramos a unidade, a cultura e os logros dos países africanos. Tamén lembramos o importante que é traballar xuntos para un futuro mellor. África é un continente con moita xente nova e moitas culturas diferentes, e este día permítenos celebrar toda esa diversidade e enerxía.
que vos parece se contamos unha lenda africana, e facemos unha manualidade para celebrar o Día do continente africano?
LENDA
Conta unha vella lenda de África que fai centos de anos, por aquelas terras, os monos pasábanse horas contemplando a Lúa. Reuníanse polas noites cando o ceo estaba despexado e quedaban pasmados ante a súa fermosura.
Podían estar horas sen pestanexar, fascinados por tanta beleza. A miúdo comentaban que se vista de lonxe era tan bonita, de preto habería de ser aínda máis espectacular...
Así comeza unha lenda africana que Mundo Primaria adaptou. Queredes escoitala?
Agora contestade as seguintes preguntas:
La leyenda del tambor, an interactive worksheet by Sara Rivas López
liveworksheets.com
liveworksheets.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario