A luz e as sombras provocanvos moitas emocións. E a maioría das veces parecen asombrosos os resultados e non os esperades.
Por iso hoxe imos xogar coas siluetas dos obxectos e as súas sombras proxectadas na parede. Estades preparados/as?
Materiais que necesitades:
- Parede (mellor branca ou clara)
- Tubos de cartón
- Plástico transparente
- Gomas elásticas
- Figuras variadas de goma eva
- Pegamento frío de silicona
Procedemento:
- Tapar un extremo do tubo de cartón con plástico transparente.
- Poñer unha goma elástica para suxeitalo.
- Pegar con silicona fría unha figura de goma eva.
- Apagar as luces
- Poñer a lanterna/móbil pola parte aberta do cartón.
- Acender a lanterna/móbil e proxectar o debuxo na parede .
Puidestes comprobar que cando nos achegamos ou afastamos da parede a proxección faise máis grande ou máis pequena. As figuras de goma eva fixémolas recortando das láminas que temos por clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario