viernes, 18 de noviembre de 2022

EXPERIMENTO: xogamos coas sombras




A luz e as sombras provocanvos moitas emocións. E a maioría das veces parecen asombrosos os resultados e non os esperades. 

Por iso hoxe imos xogar coas siluetas dos obxectos e as súas sombras proxectadas na parede. Estades preparados/as?

 Materiais que necesitades: 

  • Parede (mellor branca ou clara) 
  • Tubos de cartón 
  • Plástico transparente 
  • Gomas elásticas 
  • Figuras variadas de goma eva 
  • Pegamento frío de silicona 
Lanterna sinxela ou móbil

Procedemento: 

  1. Tapar un extremo do tubo de cartón con plástico transparente. 
  2. Poñer unha goma elástica para suxeitalo. 
  3. Pegar con silicona fría unha figura de goma eva. 
  4. Apagar as luces  
  5. Poñer a lanterna/móbil pola parte aberta do cartón. 
  6. Acender a lanterna/móbil  e proxectar o debuxo na parede . 

Puidestes comprobar que cando  nos achegamos ou afastamos da parede a proxección faise máis grande ou máis pequena. As figuras de goma eva fixémolas recortando das láminas que temos por clase. 

Aquí déixovos os nosos mellores momentos: 







No hay comentarios:

Publicar un comentario