Romero Britto naceu en Brasil no ano 1963.
Viviu modestamente cos seus oito irmáns e irmás en Recife, Brasil. Nos seus anos de nenez e temperá mocidade encargouse de pintar utilizando unha serie de cores vibrantes. Usou como lenzos anacos de xornal ou algún cartón que puidese atopar.
No ano 1983, realizou unha viaxe a Europa para coñecer en persoa a arte dos principais pintores do mundo e para presentar o seu traballo. Logo de exhibir nalgunhas galerías, Britto decidiu que debía viaxar aos Estados Unidos onde florecía o POR ART, técnica na que se especializaba. Britto mudouse a Miami e alí abriu un estudo onde exhibiu as súas obras por un tempo ata que en 1989 Absolut Vodka buscouno para que deseñase o logotipo da empresa.
Ademais das súas obras, tamén traballou como ilustrador de libros.
O seu traballo foi exposto en moitas galerías a nivel mundial, incluíndo no Salón Nacional de Belas Artes de Louvre, no ano 2008 e 2010.
O seu traballo enfócase na alegría e a esperanza, reflectidos en cores brillantes e influencias cubistas e de Matisse mesturadas co Pop Art. Como parte desta idea, en 1992 fundou The Happy Art Movement, cuxa finalidade é inspirar felicidade, diversión, amor e optimismo.
Romero Britto: O artista da felicidade, una ficha interactiva de sara_prof
liveworksheets.com
liveworksheets.com
¡¡ɐíp op ǝpɐʇnɹɟsıᗡ
A continuación, poderedes ver un sinxelo titorial paso a paso sobre como debuxar un gato Romero Britto Será moi divertido empezar o mes de agosto debuxando con moitas cores e patróns brillantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario