martes, 2 de agosto de 2022

Romero Britto: O artista da felicidade

Hoxe levantámonos con moitas ganas de pintar. Así que grazas a artproyectsforkids imos tentar emular a Romero Britto, un pintor do que xa falamos nalgunha ocasión Acordádesvos??
Bitmoji Image

playbook-font

Romero Britto naceu en Brasil no ano 1963

Viviu modestamente cos seus oito irmáns e irmás en Recife, Brasil. Nos seus anos de nenez e temperá mocidade encargouse de pintar utilizando unha serie de cores vibrantes. Usou como lenzos anacos de xornal ou algún cartón que puidese atopar. 

No ano 1983, realizou unha viaxe a Europa para coñecer en persoa a arte dos principais pintores do mundo e para presentar o seu traballo. Logo de exhibir nalgunhas galerías, Britto decidiu que debía viaxar aos Estados Unidos onde florecía o POR ART, técnica na que se especializaba. Britto mudouse a Miami e alí abriu un estudo onde exhibiu as súas obras por un tempo ata que en 1989 Absolut Vodka buscouno para que deseñase o logotipo da empresa. 

Ademais das súas obras, tamén traballou como ilustrador de libros. 

O seu traballo foi exposto en moitas galerías a nivel mundial, incluíndo no Salón Nacional de Belas Artes de Louvre, no ano 2008 e 2010.

O seu traballo enfócase na alegría e a esperanza, reflectidos en cores brillantes e influencias cubistas e de Matisse mesturadas co Pop Art. Como parte desta idea, en 1992 fundou The Happy Art Movement, cuxa finalidade é inspirar felicidade, diversión, amor e optimismo.


¡¡ɐíp op ǝpɐʇnɹɟsıᗡ


Romero Britto fainos este marabilloso agasallo. Preme nas iconas (IMPRIMIR) para descubrilo

fuente-de-toy-storyfuente-de-toy-story




A continuación, poderedes ver un sinxelo titorial paso a paso sobre como debuxar un gato Romero Britto Será moi divertido empezar o mes de agosto debuxando con moitas cores e patróns brillantes.










No hay comentarios:

Publicar un comentario