A clave para poder ver ben este fenómeno é fuxir da contaminación lumínica da cidade. A condición de que o tempo permítao, eses días poderemos albiscar no ceo nocturno estrelas fugaces.
A TER EN CONTA
- A contaminación lumínica das cidades e os núcleos urbanos fai moi difícil gozar do firmamento. O mellor é buscar lugares escuros, sen poboacións próximas e con pouca vexetación. Praias, montes e lugares afastados do centro da cidade son sitios ideais para ver a maior cantidade de estrelas fugaces.
O mapa de polución permite comprobar as áreas de Galicia coas mellores condicións para observar o ceo.
- Na Coruña é complicado atopar zonas recomendables para vivir esta experiencia baixo as estrelas. Desde a Agrupación Astronómica Coruñesa suxiren buscar unha cala ou unha zona costeira sen casas nin poboación preto.
- Iso si, lembrade que para quen viva a súa primeira escapada astronómica, ademais dunha manta para o chan, é vital ir ben abrigado, sobre todo nos pés e a cabeza. Para ter máis posibilidades de atopar corpos fugaces recoméndase mirar en ángulo de 45 ou 90 graos.
Estrellas fugaces, an interactive worksheet by albagascon1989
liveworksheets.com
liveworksheets.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario