O Concello da Coruña organiza este ano, co gallo da conmemoración do Orgullo, un amplo programa de actividades como debates, espectáculos, cinema, un taller de cómic e unha feira de entidades LGTBIQ+ ademais do Atlantic Pride.
"Coa cabeza ben alta" é o lema das festas deste ano na Coruña, que se celebran sen limitacións de capacidade e coa Fundación Luís Seoane como sede principal.
Unhas festas máis orgullosas que nunca, que non só defenden a visibilidade da comunidade LGTBIQ senón que a celebran.
OBRADOIROS LGTBQI NA CIBERCAIXA
Na CiberCaixa imos facer diferentes actividades con motivo desta celebración:
1º Empezaremos buscando información sobre a bandeira do arco da vella ¿Cal é a súa historia?
Preme na seguinte imaxe para aprender a facer búsquedas en internet
2º Despois crearemos unha bandeira facendo un collage . Aquí tedes as indicacións para facelo
3º Na CiberCaixa Mallos encántanos os contos así que imos visualizarlos e despois falaremos deles na aula
AS COUSAS QUE LLE GUSTAN A FRAN
Antes de comezar a escoitar a lectura tedes que estar moi pendentes das pistas que van aparecendo durante a narración e que vos van a axudar
a descubrir quen é Fran.
Antes de rematar a narración pararemos o vídeo xusto antes de descubrir quen é Fran para que imaxinedes e debuxedes a Fran.
Estas son as preguntas que fixemos ao rematar a lectura:
– En que son distintos nenas e nenos?
– Cantos tipos de familia coñeces?
– É menos familia por ter dous pais ou unha nai soa ou un pai só ?
– Que é o importante para ser unha familia?
– En que te fixaches para debuxar a Fran?
No hay comentarios:
Publicar un comentario