viernes, 15 de julio de 2022

Na CiberCaixa Mallos saímos ao parque

 POR QUE É BENEFICIOSO O PARQUE ? 

 O desenvolvemento psicomotor foméntase sobre todo a través da actividade física, posto que os xogos que realizamos no parque implican movemento. Por iso, e para ter unha vida saudable, o parque vai formar parte da rutina diaria da CiberCaixa Mallos dos usuarios e usuarias. 

 No parque, aprenderedes mentres xogades habilidades motoras básicas que vos van permitir ter un maior control da coordinación do voso corpo, do equilibrio e da orientación espacial. Algunhas destas habilidades son saltar, correr, subir, agacharse, balancearse ou manter o equilibrio. Actividades que, unha vez consigades controlar o voso propio corpo, motivaranvos para superar novos retos que se vos presenten e conseguir novas habilidades.


No hay comentarios:

Publicar un comentario