lunes, 4 de julio de 2022

Coa cabeza ben alta


O Concello da Coruña organiza este ano, co gallo da conmemoración do Orgullo, un amplo programa de actividades como debates, espectáculos, cinema, un taller de cómic e unha feira de entidades LGTBIQ+ ademais do Atlantic Pride.
"Coa cabeza ben alta" é o lema das festas deste ano na Coruña, que se celebran sen limitacións de capacidade e coa Fundación Luís Seoane como sede principal. 




Unhas festas máis orgullosas que nunca, que non só defenden a visibilidade da comunidade LGTBIQ senón que a celebran.


OBRADOIROS LGTBQI NA CIBERCAIXA


Na CiberCaixa imos facer diferentes actividades con motivo desta celebración:






1º Empezaremos buscando información sobre a bandeira do arco da vella ¿Cal é a súa historia? 

Preme na seguinte imaxe para aprender a facer búsquedas en internet


2º Despois  crearemos unha bandeira facendo un collage . Aquí tedes as indicacións para facelo





3º Na CiberCaixa Mallos encántanos os contos así que imos visualizarlos e despois falaremos deles na aula

AS COUSAS QUE LLE GUSTAN A FRAN

Antes de comezar a escoitar a lectura tedes que estar moi pendentes das pistas que van aparecendo durante a narración e que vos  van a axudar a descubrir quen é Fran. 

Antes de rematar  a narración pararemos o vídeo xusto  antes de descubrir quen é Fran para que imaxinedes  e debuxedes  a Fran. 




Estas son as preguntas que fixemos ao rematar a  lectura:

– En que son distintos nenas e nenos? 
– Cantos tipos de familia coñeces? 
– É menos familia por ter dous pais ou unha nai soa ou un pai só ? 
– Que é o importante para ser unha familia?
 – En que te fixaches para debuxar a Fran?



No hay comentarios:

Publicar un comentario