Os nenos e as nenas, e sobre todo os adolescentes, están moi preocupados por ser aceptados nun grupo e tenden a parecerse todos ao que se considera «normal» para non ser excluídos/ as, e se é necesario van perdendo o que lles fai únicos/ as con tal de ser aceptados/as
En «Eu vou comigo» vemos a unha nena distinta e divertida que vai perdendo a súa esencia por facer caso ao que lle din as súas amigas e amigos sobre o que se supón que debe facer para que un neno que lle gusta a mire. Definitivamente é unha gran historia para falar sobre o importante que é valorarse a un mesmo/a e comprender que ser diferente non é algo malo, senón que é algo que nos fai únicos.
A ver que vos parece a vós
No hay comentarios:
Publicar un comentario