jueves, 8 de abril de 2021

«Yo voy conmigo»

Ás veces impórtanos demasiado o que a xente pense sobre nós, e mesmo estamos dispostos a cambiar aquelas cousas que nos fan especiais e diferentes.

Os nenos e as nenas, e sobre todo os adolescentes, están moi preocupados por ser aceptados nun grupo e tenden a parecerse todos ao que se considera «normal» para non ser excluídos/ as, e se é necesario van perdendo o que lles fai únicos/ as con tal de ser aceptados/as 

 En «Eu vou comigo» vemos a unha nena distinta e divertida que vai perdendo a súa esencia por facer caso ao que lle din as súas amigas e amigos sobre o que se supón que debe facer para que un neno que lle gusta a mire.  Definitivamente é unha gran historia para falar sobre o importante que é valorarse a un mesmo/a e comprender que ser diferente non é algo malo, senón que é algo que nos fai únicos. A ver que vos parece a vós
   


Yo voy conmigo, una ficha interactiva de sara_prof
liveworksheets.com


fuente-de-coca-cola

No hay comentarios:

Publicar un comentario