Mostrando entradas con la etiqueta acuario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta acuario. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de septiembre de 2023

Mergúllate no mar

 snorkeling under water with fish

🐙 Hoxe teño un xogo para os maiores da CiberCaixa Mallos. Estades preparados/as? Queredes volver visitar o acuario da Coruña como fixemos no verán.

O Aquarium Finisterrae mostrou por primeira vez nun acuario público a finales do 2020 cinco polbiños nados en catividade. Nas ligazóns de abaixo o aquarium cóntavos a súa historia. 🐟🐠🐙 Esta investigación fixéronna o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Vigo e o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. e

Esta noticia do  aquarium pareceume xenial como argumento dun xogo. A partir de aquí o que conto é unha ficción, é dicir, non é realidade. Trátase dun xogo, un escape room no cal debedes completar unha serie de probas que están preparadas para ser resoltas por vós grazas á observación, atención, concentración, enxeño, memoria...

Como vades ver o  xogo «MERGÚLLATE NO MAR»  plantexa varios retos. pero tedes que estar moi atentos á información que vos ofrece o Aquarium Finisterrae,  tanto no vídeo como na noticia sobre os polbiños.

Despois de ver o vídeo e ler a noticia poderedes xogar.

O argumento do xogo comeza cando os hackers atacan o computador que controla o estanque. Os polbiños quedan encerrados nunha gaiola. Para liberar aos polbos necesitades un contrasinal. Teredes que axudar ás científicas e os científicos a atopalo.
Sorte!!! Os polbiños agardan!!!

jueves, 11 de marzo de 2021

Buscamos os cinco polbiños nados en catividade na Coruña

 snorkeling under water with fish

🐙O Aquarium Finisterrae mostrou por primeira vez nun acuario público hai unhas semanas cinco polbiños nados en catividade, que seguen a medrar na sala Maremagnum. Nas ligazóns de abaixo o aquarium cóntavos a súa historia. 🐟🐠🐙 Esta investigación faina o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Vigo e o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. e