É unha técnica de debuxo moi sinxela, só precisas un papel, un rotulador de punta fina e ganas de pasalo ben. Os doodles son formas xeométricas básicas: circulo, triángulo, cadrado, liña (ou o punto, que non deixa de ser unha liña moi curta) e a pinga.
No arte doodle os debuxos son sinxelos e as regras poñémolas cada un de nós, todos os debuxos están ben.
Cando debuxes deixa a mente en branco e goza do camiño, non importa o resultado, só debes deixar que o teu rotulador te leve.
BENEFICIOS
Garabatear ou debuxar doodles mentres se escoita, xa sexa unha conversación ou un vídeo, axuda a reter máis información. É a vantaxe de unir ambos os dous hemisferios.
Ademáis o doodling axuda á concentración, libera a creatividade e mellora a expresión de ideas, conceptos e emocións.
Todo o que fagas é válido. Se sabes facer liñas rectas e curvas sabes debuxar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario