jueves, 18 de julio de 2024

Doodling


QUE É?

É unha técnica de debuxo moi sinxela, só precisas un papel, un rotulador de punta fina e ganas de pasalo ben. Os doodles son formas xeométricas básicas: circulo, triángulo, cadrado, liña (ou o punto, que non deixa de ser unha liña moi curta) e a pinga.

No arte doodle os debuxos son sinxelos e as regras poñémolas cada un de nós, todos os debuxos están ben.

Cando debuxes deixa a mente en branco e goza do camiño, non importa o resultado, só debes deixar que o teu rotulador te leve. 

BENEFICIOS

Garabatear ou debuxar doodles mentres se escoita, xa sexa unha conversación ou un vídeo, axuda a reter máis información. É a vantaxe de unir ambos os dous  hemisferios.

Ademáis o doodling axuda á concentración,  libera a creatividade e mellora a expresión de ideas, conceptos e emocións. 

Todo o que fagas é válido. Se sabes facer liñas rectas e curvas sabes debuxar.



DOODLES DE FLORES E ACUARELA















Materiais: Caixa reutilizada, acuarela, rotulador negro, pincel e auga








No hay comentarios:

Publicar un comentario