jueves, 26 de enero de 2023

Traballamos a motricidade


A motricidade fina cumpre un rol fundamental no desenvolvemento físico, social e cognitivo dunha persoa, por iso, desenvolvela nos nenos/as é indispensabel e comprende todas aquelas actividades que implican: un alto nivel de coordinación viso-motriz, precisión, unha forza controlada e concentración. O seu dominio ademais será fundamental para a adquisición de determinadas habilidades e aprendizaxes posteriores como escribir, debuxar, vestirse ou utilizar ferramentas como a tesoira.

Antes de que poidan aprender a escribir, os usuarios/as de infantil están a  fortalecer os músculos das mans/dediños e os pulsos  que se utilizan no proceso da escritura. Dito proceso coñécese como o desenvolvemento de habilidades motoras finas.
 
Na CiberCaixa Mallos estamos a promover estas e outras habilidades (aprendizaxe de cores, formas, números, letras ...) proporcionándolles aos usuarios/as de Infantil unha ampla gama de materiais (tapóns, depresores de cores, pinzas, cordóns, gomas, gomets,  pompóns...) e deixandolles manipular e experimentar con eles. Así  elaboramos algunhas sinxelas e entretidas actividades que axudarán  a desenvolver estas importantes habilidades motoras finas.

Aquí déixovos algúns exemplos de actividades e materiais que promoven ditas destrezas: 
Materiais: Tapas de cores - Aprendizaxes: Psicomotricidade fina, coordinación viso-motriz




Materiais: Pinzas e  gomets - Apredizaxes: Números, contar, cores, formas, psicomotricidade, coordinación ...


Materiais: Cordóns - Aprendizaxes: Psicomotricidade fina, autonomía personal. (Primaria)





Materiais: Tapas e  gomets - Apredizaxes: Cores, formas, psicomotricidade, coordinación, agarre de pinza...

Materiais: Pinzas de cores - Aprendizaxes: Psicomotricidade fina, cores, coordinación, ...



No hay comentarios:

Publicar un comentario