A motricidade fina cumpre un rol fundamental no desenvolvemento físico, social e cognitivo dunha persoa, por iso, desenvolvela nos nenos/as é indispensabel e comprende todas aquelas actividades que implican: un alto nivel de coordinación viso-motriz, precisión, unha forza controlada e concentración. O seu dominio ademais será fundamental para a adquisición de determinadas habilidades e aprendizaxes posteriores como escribir, debuxar, vestirse ou utilizar ferramentas como a tesoira.
Antes de que poidan aprender a escribir, os usuarios/as de infantil están a fortalecer os músculos das mans/dediños e os pulsos que se utilizan no proceso da escritura. Dito proceso coñécese como o desenvolvemento de habilidades motoras finas.
Na CiberCaixa Mallos estamos a promover estas e outras habilidades (aprendizaxe de cores, formas, números, letras ...) proporcionándolles aos usuarios/as de Infantil unha ampla gama de materiais (tapóns, depresores de cores, pinzas, cordóns, gomas, gomets, pompóns...) e deixandolles manipular e experimentar con eles. Así elaboramos algunhas sinxelas e entretidas actividades que axudarán a desenvolver estas importantes habilidades motoras finas.
Aquí déixovos algúns exemplos de actividades e materiais que promoven ditas destrezas:
Materiais: Tapas de cores - Aprendizaxes: Psicomotricidade fina, coordinación viso-motriz |
Materiais: Pinzas e gomets - Apredizaxes: Números, contar, cores, formas, psicomotricidade, coordinación ... |
Materiais: Cordóns - Aprendizaxes: Psicomotricidade fina, autonomía personal. (Primaria) |
Materiais: Tapas e gomets - Apredizaxes: Cores, formas, psicomotricidade, coordinación, agarre de pinza...
Materiais: Pinzas de cores - Aprendizaxes: Psicomotricidade fina, cores, coordinación, ... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario