miércoles, 3 de febrero de 2021

O muxián de 14 anos que non quere ser «youtuber», senón historiador naval

fuente-de-super-mario

Bitmoji ImageA maioría dos rapaces de 14 ou 15 anos queren ser gamers. Ou youtubers. Ou tiktokers. En xeral, calquera perfil que lles faga gañar diñeiro na Rede. Pero Gabriel Carnadas Fernández non. El quere ser historiador naval e sábeo desde neno: «A miña paixón naceu aos 7 anos, cando me empezaron a interesar os naufraxios. 
Muxía, Costa da Morte


Empecei a informarme, a investigar, a ler libros sobre o tema, a preguntar aos veciños da zona e a xuntar información», di este muxián de 14 anos, que incluso escribe artigos sobre traxedias marítimas para un portal especializado. 

Estuda segundo da ESO no IES Ramón Caamaño de Muxía e, aínda que en xeral as súas notas son bastante boas, o seu forte son a historia e as ciencias sociais. Ten tan claro cara a onde quere encamiñar o seu futuro que nin sequera se parou a pensar nunha opción B. 

Gran parte da súa familia e amigos apóiano, cousa que el agradece. É moi afeccionado á fotografía e ao debuxo, algo que chamou a atención do alcalde, que xa lle ofreceu protagonizar unha exposición cos seus debuxos (todos eles relacionados cos naufraxios) e cun pequeno libro que el mesmo editou nunha imprenta local. En todo este tempo investigando sobre traxedias marítimas, asegura que as que máis lle impresionaron foron a do Casón e a da flota de Martín Padilla.

Fonte: MARTA LÓPEZ CARBALLO / LA VOZ 01/02/2021 05:00 La Voz de Galicia


Le o artigo e responde as preguntas propostas. Podes empregar o material de apoio para contestalas.


fuente-de-toy-story

fuente-de-toy-story

fuente-de-toy-story
fuente-de-toy-story

MATERIAL DE APOIO: ESQUEMA TALENTOS




No hay comentarios:

Publicar un comentario