VIAXE A MARROCOS
Fai case catro anos, Marta Borrell, unha estudante de Sevilla de terceiro da ESO, realizou unha viaxe de fin de curso cos seus compañeiros/as de clase a Marrocos. Alí viu de preto a precariedade e a falta de recursos nas escolas, algo que a marcou profundamente. "Marrocos está moi preto de España e un neno/a alí non ten as mesmas oportunidades que eu. Dásche conta de que hai cousas que deben cambiar", reflexiona esta adolescente.
Así que decide indagar sobre que é o que falla na educación dos nenos/as e mozos/as dos países en vías de desenvolvemento.
Está moi afectada pola precariedade da vida nestes países e realmente pensa que a salvación pasa por unha mellora da educación que reciben os nenos/as que alí habitan.
VIAXE A MOZAMBIQUE
A familia de Marta puxo rumbo a Mozambique durante as vacacións do verán de 2017 co obxectivo de que Marta servise de guía coa súa voz e falase directamente coa xente do lugar, sobre todo con eses alumnos e alumnas que abandonan de forma prematura a escola para pescudar as súas razóns.
Ela tamén trata de entender a través de interesantes entrevistas as razóns polas que nun mundo tan globalizado existen uns niveis tan baixos de escolarización.
A súa mocidade, a súa mirada fresca, a súa coraxe e o seu inconformismo son os seus motores para indagar posibles solucións que axuden a achegar melloras nun futuro inmediato.
DISCURSO NA SEDE DAS NACIÓNS UNIDAS
Ao seu regreso, Marta sacou conclusións sobre a súa experiencia e tentou obter un altofalante que lle permitise transmitir a súa mensaxe. Foi dentro dos actos celebrados polo Día Internacional da Educación que se celebran na ONU onde puido expoñer as súas conclusións para atallar o problema da educación en países subdesenvolvidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario