lunes, 1 de febrero de 2021

A moza española que propón solucións ás carencias educativas en África

fuente-de-super-mario


Bitmoji Image

VIAXE A MARROCOS

Fai case catro anos, Marta Borrell, unha estudante de Sevilla de terceiro da ESO, realizou unha viaxe de fin de curso cos seus compañeiros/as de clase a Marrocos. Alí viu de preto a precariedade e a falta de recursos nas escolas, algo que a marcou profundamente. "Marrocos está moi preto de España e un neno/a alí non ten as mesmas oportunidades que eu. Dásche conta de que hai cousas que deben cambiar", reflexiona esta adolescente.


Así que decide indagar sobre que é o que falla na educación dos nenos/as e mozos/as dos países en vías de desenvolvemento. 

Está moi afectada pola precariedade da vida nestes países e realmente pensa que a salvación pasa por unha mellora da educación que reciben os nenos/as que alí habitan.

VIAXE A MOZAMBIQUE 

A familia de Marta  puxo rumbo a Mozambique durante as vacacións do verán de 2017 co obxectivo de que Marta servise de guía coa súa voz e falase directamente coa xente do lugar, sobre todo con eses alumnos e alumnas que abandonan de forma prematura a escola para pescudar as súas razóns. 



Ela tamén trata de entender a través de interesantes entrevistas as razóns polas que nun mundo tan globalizado existen uns niveis tan baixos de escolarización. 

A súa mocidade, a súa mirada fresca, a súa coraxe e o seu inconformismo son os seus motores para indagar posibles solucións que axuden a achegar melloras nun futuro inmediato. 

DISCURSO NA SEDE DAS NACIÓNS UNIDAS


Ao seu regreso, Marta sacou conclusións sobre a súa experiencia e tentou obter un altofalante que lle permitise transmitir a súa mensaxe. Foi dentro dos actos celebrados polo Día Internacional da Educación que se celebran na ONU onde puido expoñer as súas conclusións para atallar o problema da educación en países subdesenvolvidos.



A VIAXE A MOZAMBIQUE CONVÉRTESE NUN  DOCUMENTAL 

O pasado 22 de xaneiro, coincidindo co Día Mundial da Educación, chegou aos cinemas “Unha luz na escuridade“, unha longametraxe dirixida por José Borell, pai de Marta.

Este documental que protagoniza Marta, aborda as necesidades e carencias educativas das escolas africanas, como consecuencia da viaxe de Marta e a súa familia a Mozambique. Tamén pon de manifesto que no mundo hai 262 millóns de nenos e nenas sen escolarizar, o que supón que tan só un 30% do total de menores ten acceso a unha educación de calidade. 

Segundo Marta, o punto que debería cambiar totalmente é a formación dos profesores e  como dixo Richard Herberg no documental: "todo o mundo pode estar diante dun encerado e contar cousas pero non todos teñen a empatía nin o talento de ensinar e conectar cos alumnos emocionalmente" 

Tamén opina que se debe  preparar aos nenos para que poidan cambiar o mundo no que vivimos hoxe en día. 

AGORA TI

Mira esta entrevista e tenta contestar as preguntas que seguidamente se expoñen. Podes utilizar o material de apoio

 


fuente-de-toy-story

fuente-de-toy-story

fuente-de-toy-story
fuente-de-toy-story

MATERIAL DE APOIO: ESQUEMA TALENTOS





No hay comentarios:

Publicar un comentario