Para moitas e moitos de vós esta será a primeira das viaxes; para outras, os máis experimentados, unha continuación da aventura. Sexa como for, nesta nave collemos todos. Porque estades na Primavera das Letras, a base de lanzamento da celebración do Día das Letras Galegas da Real Academia Galega para os nenos e nenas que cursades infantil e primaria. Dende aquí espallamos o Día das Letras por todo o planeta, por toda a galaxia
Nesta singradura coñeceremos a vida e a obra de Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990). O autor, ao que en 2020 a Real Academia Galega dedica o Día das Letras, é unha figura indispensable para coñecer a historia da lingua e da literatura de noso ao longo do século XX
Preparadevos para un percorrido pola biografía de Ricardo Carballo Calero, unha viaxe ao pasado que che ha axudar a comprender mellor o noso presente.
BIOGRAFÍA
CONTO
para os nenos e nenas dos primeiros cursos de E.P.
A miña compi Noe da CiberCaixa de San Diego facilitóume este material para vos. Disfrutádeo!
XOGOS INTERACTIVOS:
Premede nesta ligazón para ver os xogos: http://primaveradasletras.gal/category/outros-materiais/
ILUSTRACIÓNS:
Podedes debuxar e colorear estas ilustracións inspiradas na vida e obra de Ricardo Carballo Calero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario