Mostrando entradas con la etiqueta taller de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta taller de lectura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de abril de 2022

Recursos para o fomento da lectura

 



A Orixe do Día do Libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron – ou morreron – outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular a vos, os máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural..


Nós imos empezar a celebración do Día do Libro escribindo, como grandes escritores/ as que somos, unha historia:



MAIS RECURSOS:

Na seguinte  presentación de Genial.ly ofrécennos  un montón de recursos para seguir a nosa  celebración con lecturas, creación de libros en liña  e vídeos de contos.
 
Algúns recursos non van ben  así que douvos as siguintes opcións:





Premede  na imaxe:



Esta é unha das bandas deseñadas:









sábado, 30 de septiembre de 2017

Taller de lectura sobre filosofía

Interésalles aos nenos a filosofía? Interésanos aos adultos que hai anos que deixamos de preguntarnos polas cousas? Aos adultos non o sei pero aos nenos/as encántalles preguntar por cousas importantes: De onde veño? Onde estaba eu antes de nacer?... este tipo de preguntas son un pronto espertar, que non sempre ten unha resposta acertada

A Cibercaixa Mallos organizou un taller sobre filosofía para nenos/as que busca fomentar e conservar nos nenos/as a actitude que teñen en común os filósofos coa infancia: a curiosidade por todo o que lles rodea e o non dar nada por sentado. A inacabable cadea de preguntas ?E por que? E por que? E por que?? que caracteriza unha determinada etapa do desenvolvemento do neno/a convértese en modo de vida para o filósofo/a, e esa é a actitude que se busca salvagardar.

Esta é a selección de libros que facilitounos a Biblioteca Municipal de Monte Alto para este taller de lectura
Resultado de imagen de historia de la filosofia para jovenesni si no noResultado de imagen de atlas basico de filosofiaPortada_Las_cosasResultado de imagen de la verdad segun ninon