Mostrando entradas con la etiqueta consideración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta consideración. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de enero de 2022

Respecto

 




De acordo co dicionario da Real Academia Galega (RAG), a palabra respecto é a actitude ou sentimento que fai que sexa tratada con consideración unha persoa ou cousa.

DINÁMICA

En primeiro lugar, pensaremos entre todos que debemos facer día a día na aula para ser respectuosos/as os uns cos outros. 

Propoño que realicedes en equipo unha lista onde tedes dúas columnas Nunha columna escribiredes as cousas que debedes  facer para tratar á xente con respecto (escoitar, non interromper, non facer burla) e na outra as cousas que se deben evitar (insultar, burlarse doutro compañeiro ou compañeira). É importante que poñades en común todas as vosas opinións.

Dinámica Respecto, una ficha interactiva de sara_prof
liveworksheets.com
 

XOGO



CORTO

Mira o seguinte vídeo:

 


FOLLA DE TRABALLO


Como podes ver  na seguinte folla de traballo, hoxe  imos reflexionar sobre este corto para despois falar entre nós sobre o respecto. Preparados/as?



Respecto, una ficha interactiva de sara_prof
liveworksheets.com


EXEMPLOS en IMAXES

Aquí tedes dous exemplos que encontrei nas redes pero seguro que vos encontrades outros diferentes que reflictan que é o respecto