Mostrando entradas con la etiqueta cola. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cola. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de septiembre de 2022

VARITAS MÁGICAS DE GOMA EVA PARA DECORAR LÁPICES.




En este mes ha empezado el nuevo curso para todos los usuarios y usuarias y queremos decorar el nuevo material que ha llegado a la CiberCaixa y los lápices que estamos utilizando en el cole.





Después de hacer esta manualidad vamos a imprimir la siguiente plantilla y colocaremos el lápiz en ella con cinta adhesiva









martes, 27 de julio de 2021

O porquiño de papel maché e os textos de instrucións

Hoxe comenzamos a facer  unha hucha-porquiño

O proceso deste proxecto artístico levaranos toda a semana, xa que necesita moito tempo de secado. Tedes que estar moi atentos cos materiais, as ferramentas que utilizamos e os pasos que estamos a seguir para facer a porquiño hucha.

Aquí vou ir deixando imaxes do voso proceso creativo
 













Agora imos escribir o noso texto de instrucións para facer o porquiño


Antes de escribir: 



  1. Asegúrate que lembras todos os pasos que tes que seguir. 
  2. Fai un guión e repasa mentalmente todos os pasos que seguiches para construir o porquiño. 
  3. Tes que saber o vocabulario técnico que debes empregar. Por exemplo os nomes das ferramentas que empregasches no obradoiro, os materiais ....
  4. Organiza os pasos de maneira secuenciada: paso 1, paso 2, paso 3....

Cando estás a escribir: 


  1. Numera cada un dos pasos. 
  2. Utiliza o infinitivo, o imperativo, ou se + 3ª persoa do verbo. 
  3. Emprega  conectores: para comezar, en primeiro lugar, en segundo lugar, finalmente… 
  4. Utiliza o léxico adecuado ao tema sobre o que instrúes. 
  5. Escribe con oracións claras e sinxelas. 

Despois de escrito: 


  1.  Le o teu escrito e observa se o léxico e a sintaxe son claros e sinxelos. 
  2. Valora mentalmente o proceso. Se é necesario, cambia a orde dos pasos, de modo que o proceso preséntese secuenciado. 
  3. Corrixe a ortografía.




Textos de instrución, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com

lunes, 28 de junio de 2021

Creatividade con papel de xornal, cola, briks de leite, tapas e caixas de pizza e ovos reutilizadas

O uso de materiais reciclados nas nosas manualidades é un xesto realmente beneficioso para o noso planeta, xa que atrasamos o esgotamento de todos os recursos que nos ofrece. 

Ademais disto, os materiais reciclados son practicamente infinitos e permiten elaborar unha gran diversidade de creacións que poden perdurar no tempo, así como decorar calquera recuncho.


E aquí están as vosas creacións:


Sardiñas de San Xoan

Felinos de ollos verdes