Acordádesvos de que estivemos a coñecer a Gaudí e celebrando con el o seu aniversario? Pois hoxe imos crear o noso propio Drac. Estades preparados/as?
A técnica do mosaico é case tan antiga como o home.
Consiste en realizar un debuxo, xa sexa xeométrico ou figurativo, con pequenos anacos de papel, cerámica ou pedriñas e pegalo con cemento, escaiola, terra, cola branca...
Na CiberCaixa Mallos imos utilizar papel e cartolinas de cores sobrantes doutras actividades (hai que reciclar todo). Ides cortar o papel de cores en anacos pequenos e logo os clasificaredes por cores en recipientes pequenos. No papel ou cartolina que servirá de fondo debuxaremos o motivo que imos facer. Nós imos construír O Drac do Parque Güell
Manualidade: MOSAICO
MATERIAIS QUE NECESITAMOS:
-O deseño do drac
-Pegamento
-Tesoiras
-Papel de cores reciclado
Los mosaicos de Gaudí, una ficha interactiva de sara_prof
liveworksheets.com
liveworksheets.com
VÍDEO: Gaudí
Queredes saber mais sobre Gaudí? Imos coñecer un pouco da súa vida coa axuda das Tres Mellizas
No hay comentarios:
Publicar un comentario