miércoles, 8 de junio de 2022

Escape Room "Mergúllate no mar"


¿¿¿¿Celebramos o Día dos Océanos cun escape room moi divertido???

¿Qué sabedes dos nosos océanos?

Os océanos non son só unha inmensa masa de auga salgada, senón que contribúen enormemente na conservación do equilibrio ambiental xa que grazas aos procesos que se desenvolven nel, son a fonte de osíxeno máis grande do planeta, mesmo máis grande que os bosques e as selvas. 

 Se queredes saber máis cousas sobre os océanos podedes ler e contestar ás seguintes preguntas:  

 

 XOGO: Escape Room  "Mergúllate no mar" 

🐙O Aquarium Finisterrae mostrou por primeira vez nun acuario público o ano pasado cinco polbiños nados en catividade, que seguiron a medrar na sala Maremagnum. Nas ligazóns de abaixo o aquarium cóntavos a súa historia. 🐟🐠🐙 Esta investigación fíxoa o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Vigo e o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. e


Esta noticia do  aquarium pareceume xenial como argumento dun xogo. A partir de aquí o que conto é unha ficción, é dicir, non é realidade. Trátase dun xogo, un escape room no cal debedes completar unha serie de probas que están preparadas para ser resoltas por vós grazas á observación, atención, concentración, enxeño, memoria...

Como vades ver o  xogo «MERGÚLLATE NO MAR»  plantexa varios retos. pero tedes que estar moi atentos á información que vos ofrece o Aquarium Finisterrae,  tanto no vídeo como na noticia sobre os polbiños.

     

      

Despois de ver o vídeo e ler a noticia poderedes xogar.

O argumento do xogo comeza cando os hackers atacan o computador que controla o estanque. Os polbiños quedan encerrados nunha gaiola. Para liberar aos polbos necesitades un contrasinal. Teredes que axudar ás científicas e os científicos a atopalo.
Sorte!!! Os polbiños agardan!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario