domingo, 29 de marzo de 2020

Algunhas actividades que ofrece o Concello da Coruña

CONTOS

As Bibliotecas Municipais da Coruña inauguran unha nova actividade telemática, onde  as  bibliotecarias, tamén dende a casa, tras buscar entre os libros que teñen nas súas estanterias, lanzanse a contar contos de pantalla a pantalla.





ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS

Desde a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación poñen a nosa disposición, en modalidade online, o Programa de Actividades Socioculturais da Rede de Centros Cívicos. As e os monitores que imparten as distintas actividades na Rede de Centros Cívicos gravaron unha serie de vídeos que dan continuidade aos contidos traballados nas súas clases e que están subidos á canle de YouTube denominado Coruña Acompaña.

Cartel da campaña Coruña Acompaña

No hay comentarios:

Publicar un comentario