viernes, 8 de abril de 2022

Falamos de solidariedade



Bitmoji Image


A solidariedade constitúe unha ferramenta esencial para construír un mundo mellor. 

Máis aló dos bos valores que implica, a neurociencia social explica que cando dúas persoas interactúan para axudarse, no cerebro actívanse circuítos con efecto na memoria e nas funcións executivas. 

O altruísmo esperta nas persoas  o que os expertos/as chaman o cerebro social, ese lugar onde as emocións e o coñecemento poden contribuír a facer unha sociedade mellor.

Actividades

Propóñovos ver a seguinte  curtametraxe e  realizar unha actividade . Cando rematedes poderemos facer seis  xogos cooperativos moi sinxelos.

 

 Gustouvos a curtametraxe? Agora podedes contestar a estas preguntas. Preparados/ as?


XOGOS cooperativos


Agora toca xogar a seis   xogos: "Siameses do balón", "Cruzar o lago e a ponte",  "Que non caia o balón", "Constrúe a torre" e  " Mbube" que é orixinario de Sudáfrica.

1.- «Mbube»


Que significa?

 A palabra zulú mbube significa «león».

Cando se xoga?

O xogo desenvólvese á hora da merenda para o mbube, que se lanza á procura dun antílope ( impala) para saciar a súa fame. 

Como se xoga?

As nenas e os nenos colócanse en círculo mentres que dous, cos ollos vendados, permanecen no centro: o león e o antílope. O grupo do círculo debe guiar ao león para que atrape ao impala gritando « mbube! mbube!» rápido, cando está preto, e máis amodo cando se afaste. Se ao cabo dun minuto o león non deu co antílope, outros dous nenos/ as toman o rol. 

Unha variante: en lugar de axudar ao león, o grupo pode auxiliar ao impala a fuxir de forma similar.

OUTRO XOGO
2.- «Cruzar o lago»


ONDE ?

Estades  diante dun lago cheo de pirañas, crocodilos e miles de bichos 

Como se xoga?

Debedes cruzar o lago dunha beira a outra coa única axuda de 5 pedras (folios de cores) que podedes pisar e mover. Tedes que poñervos de acordo para cruzar o lago todos xuntos.

No momento en que un de vos toca cos dous pés no lago ou parte  algunha das pedras todo o grupo debe comezar a cruzar de novo.

DERRADEIRO XOGO

3.- «Constrúe o Castelo»




Toda a aula axuda para construír a Torre máis alta posible cos ladrillos de psicomotricidade, tentando que non caia. 

Tedes que facelo xuntos!

OUTROS MÁIS

4.- «Cruzar a ponte»


Colócase unha fila de cadeiras. Tedes que formar parellas. Cada membro da parella ten que camiñar polos bancos cara ao extremo contrario e cooperar co compañeiro/a para pasar á vez alén sen que ningún deles caia.
5.- «Que non caia o balón»


Entre todos  golpeades un balón de praia cara arriba tratando de evitar que este toque o chan. Cóntase o número de veces que golpeades o balón. 
6.- «Siameses do balón»


 Por parellas, cooperades  para trasladar unha pelota dun sitio a outro, con distintas partes do corpo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario