Seguimos a viaxe que iniciamos cara a Xapón este mes de maio, acordádesvos? Empezamos lendo Mangas na aula e agora decidimos celebrar coas familias xaponesas a festividade do Día dos nenos
Kodomo no Hi(こどもの日, Día dos nenos) é un día nacional en Xapón que ten lugar o 5 de maio. Está dedicado aos mozos da casa e se levan a cabo todo tipo de rituais para que crezan sans e sexan felices.
Na actualidade, o Día do Neno estas bandeiras colócanse en todos lados, non unicamente no exterior das casas. É habitual ver bandeiras de carpa en restaurantes, tendas, monumentos, ríos, etc. É unha maneira de desexar sorte a todos os nenos do país.
No Xapón antigo, o quinto día do quinto mes era unha festividade dedicada aos fillos varóns coñecida como Tango no Sekku, e complementaba o día do Hina Matsuri (3 de marzo), que se dedica ás nenas.
Tanto o Día do Neno como o Día da nena pertencen ás cinco grandes celebracións coñecidas como gosekku (五節句). As gosekku teñen lugar en días impares nos que o número do día coincide co do mes. Exactamente o 1 de xaneiro, o 3 de marzo, o 5 de maio, o 7 de xullo e 9 de setembro. Crese que durante estes días a sorte alcanza o seu cume, e a través de diferentes cerimonias escorréntanse os malos espíritos e protéxense ás persoas. Estas celebracións foron adoptadas na antigüidade pola corte imperial de Xapón influenciada polo pensamento taoista procedente de China.
En 1948 foi designado día festivo a nivel nacional e recibiu o seu nome actual.
Que fan os xaponeses nas súas casas ese día?
O Día dos Nenos, as familias que teñen fillos varóns decoran o interior das súas casas con figuras de samurai, heroes tradicionais xaponeses e mostran o casco tradicional xaponés, kabuto. O kabuto é símbolo dun neno varón forte e saudable.
Neste día, as familias izan cometas koinobori en forma de carpa no exterior das casas. O conxunto típico de koinobori inclúe: unha carpa negra e máis grande que representa o pai, seguida dunha carpa vermella de menor tamaño que é a nai, e logo carpas máis pequenas de cor azul, verde e púrpura ou laranxa, unha por cada fillo da casa en orde descendente.
Tradicionalmente os xaponeses asocian a carpa cos nenos debido á forza que realizan estas ao nadar contra corrente nos ríos. As carpas que ondean ao vento lembran aos nenos unha lenda que conta como un destes peixes enfrontouse á corrente dun caudaloso río, perseverando ata lograr remontalo e cruzar unha porta que se atopaba no alto, tras o que se converteu nun poderoso dragón.
Que imos facer nós na CiberCaixa?
Neste día dos nenos xaponeses imos celebralo cantando todas as nenas e todos os nenos xuntos. Faremos unha reflexión sobre os valores que subxacen da lenda do peixe Koi e decoraremos esa bandeira que representa a forza e a perseveranza que tanto os nenos como as nenas necesitamos para alcanzar as nosas metas na vida.
Imos coñecer a lenda!!! Lembrade que talento é o desempeño destacado das persoas ao realizar distintas actividades deportivas, académicas, artísticas, etc. grazas á exitosa combinación de diferentes capacidades. Preparados/as?
Lenda xaponesa do peixe carpa Koi, una ficha interactiva de sara_prof
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Existe unha famosa canción sobre os Koinobori, que a miúdo é entoada polos nenos e as súas familias:
Aquí vos deixo a canción
Podedes escoitala aquí:
Animarvos a facer coloridas bandeiras en forma de carpa (‘ koinobori’) para celebrar este día
No hay comentarios:
Publicar un comentario