A Fundación AL FANAR elaborou o cómic "Las Afueras". Esta produción é a "pedra angular de proxecto "Kif kif, cómics per a la integració" que busca a participación e a integración efectiva dos mozos/as musulmáns poñendo en valor as súas raíces culturais na contorna escolar.
O cómic representa gráficamente diversas situacións ás que se enfrontan as persoas que migran desde países musulmáns ata o continente europeo. É un material apropiado para primaria e secundaria pola súa formulación e sinxeleza, ademais de ter unha gran importancia pola súa analogía coa realidade. Aborda temas como a adolescencia, a migración e os conflitos interculturais na escola.
"Las Afueras" foi ilustrado polo debuxante Manu Ripoll e a narración da obra foi creada por alumnos/as de 3.º da ESO do I.E.S. Maria Campany de Cornellà de Llobregat (Barcelona), coordinados polo activista Yorgos Konstantinou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario