O Día Internacional da Nena e da Ciencia celébrase o 11 de febreiro para lembrar a importancia de que as nenas tamén podan interesarse e traballar nas ciencias, como as matemáticas, a tecnoloxía, a física ou a bioloxía. Moitas veces, as nenas non teñen as mesmas oportunidades nin a mesma motivación para estudar estas materias, polo que este día busca cambiar esta situación.
A idea é que todos e todas, sen importar se somos nenas ou nenos, podemos ser grandes científicas ou científicos! O 11 de febreiro, celebramos que as nenas tamén teñen moitas capacidades para facer descubrimentos, inventar cousas novas ou traballar na investigación.
Este día tamén é para mostrar aos nenos e as nenas que hai moitas mulleres que fixeron cousas moi importantes no mundo da ciencia, como Marie Curie ou Ada Lovelace. Así, as nenas poden ver que tamén elas poden ser grandes científicas no futuro.
Como podedes ver no seguinte vídeo, a astronauta española Sara García Alonso anima a todas as nenas que queiran ter unha carreira na ciencia ou na tecnoloxía a ser valentes, a manter a mente aberta. Conta que aos astronautas, o primeiro que lles ensinan é a estar cómodos en situacións que, naturalmente, non serían cómodas. Para ela, aceptar o reto é o camiño, aínda que non sempre pareza fácil.
En resumo, o Día Internacional da Nena e da Ciencia quere motivar ás nenas para que se dean conta de que, se lles gustan as ciencias, poden ser o que queiran ser, e o mundo necesita as ideas e descubrimentos de todos!
Na seguinte imaxe podedes atopar exemplos de mulleres científicas destacadas, como Isabel Zendal, Ángela Ruiz Robles, Antonia Ferrín e Olimpia Valencia.
Ademais, tedes á vosa disposición unha PRESENTACIÓN e un XOGO. É fundamental que vexades o vídeo e consultedes os datos da presentación para poder xogar despois.
Botade un ollo nesta presentación para pescudar os datos que precisedes sobre algunha das mulleres destacadas do ámbito científico e respostade as seguintes preguntas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario