martes, 9 de noviembre de 2021

Pepe F-10 visita a Terra



Hoxe falamos de Pepe F-10 un alieníxena que visita a Terra  .Os seus avanzados sensores detectan falta de emocións e decide buscar solucións para evitar o desastre. Convida a todos os humanos a ver unha película, e fronte ao cinema galáctico acaban formándose longas colas. Os recordos felices das súas vidas serán a mellor película que xamais visen, devolvéndolles a alegría e as ganas de vivir mellor. Pepe F-10 regresa feliz á súa casa cumprindo a súa misión.





PREGUNTAS PARA O DEBATE 

– Que fas ti cando ves a alguén preocupado ou triste? 

– Que lle preocupa a Pepe F-10 da vida na Terra? Cal é a súa misión? 

– Como ves ti ás persoas que habitamos na Terra? Que problemas crees que temos? 

– Cales son os recordos que ti verías no cinema galáctico e que che farían sorrir? 

– Considéraste unha persoa feliz?

 – Que é para ti a felicidade?


QUE É O QUE TE FAI FELIZ?


No hay comentarios:

Publicar un comentario