lunes, 8 de noviembre de 2021

Inventamos o noso propio xogo na CiberCaixa Mallos

Bitmoji Image
Sabíades que o básquet inventouse grazas a un profesor e un grupo de estudantes que non podían xogar fóra polo mal tempo?

Recordades que cando fixemos o fresbee voador  de material reciclado falamos de que este xogo xordiu en América do Norte despois da Segunda Guerra Mundial -1946-? Os mozos empezaron a lanzar os moldes ou bases sobre os que repousaban as tortas dunha empresa pasteleira chamada “ Frisbien Pie Company” e así naceu o deporte do fresbee.

Hoxe seremos nós os que imos crear o noso propio xogo ou deporte! Só tedes que respostar as seguintes preguntas:

O NOSO DEPORTE

A GOLDEN CUP: PREGUNTAS PARA O DEBATE

Estas son as preguntas do debate sobre o conto cuxo protagonista e Carlinhos, un dos nosos superheroes da CiberCaixa.

– Como crees que é Carlinhos? 
– Que é o que máis che gusta del? 
– Que deporte che gusta? 
– Como es cando xogas?  Gústache gañar sempre?  Como reaccionas cando perdes? Prefires  pasar un bo intre ou gañar sempre ?
–Que tal levas o esforzo que conleva facer deporte? É fácil para ti realizar unha actividade deportiva ou  tes preguiza?
– Fas exercicio con regularidade?
– Que tipo de actividades físicas gústanche máis? 
– Admiras a algún ou algunha deportista? Como é? Que talentos e capacidades consideras que ten? 

FONTE: Fundación La Caixa





No hay comentarios:

Publicar un comentario