jueves, 25 de noviembre de 2021

Deseñamos pulseiras e repasamos as letras maiúsculas

Hoxe creamos pulseiras de contas de plástico de distintas cores con letras maiúsculas  a proposta dunha das usuarias da Cibercaixa Mallos. 





Confeccionamos as pulseiras para nós mesmas e tamén para regalar a amigos e familiares. Ao elaborar esta pulseira de contas de cores, estimulamos a nosa concentración e paciencia , e ao mesmo tempo potenciamos  a nosa coordinación fina e a creatividade. 

É unha manualidade moi sinxela e fácil de facer pero que queda super xenial. Que os parece?

No hay comentarios:

Publicar un comentario