miércoles, 22 de noviembre de 2017

EN OUTONO TALLER DE EMOCIÓNS: Asertividade e Ira

A miúdo vemos na escola como nenos e nenas teñen dificultades para recoñecer e xestionar as diferentes emocións. Cústalles poñerse no lugar do outro, falar e compartir opinións dunha maneira asertiva… Non saben como identificar as emocións, como recoñecelas e como xestionalas, de feito, non é tarefa fácil.

Están os nenos/as preparados para iso? Non todos; son competencias que se dan por adquiridas e ás veces non están o suficientemente desenvolvidas. Competencias ás que non se lles adoita prestar a atención que merecen. Adquirir e desenvolver unha boa Intelixencia emocional é imprescindible. Por esta razón na CiberCaixa desenvolvemos un taller das emocións no outono. Aquí están algunhas das actividades que realizamos na aula:




No hay comentarios:

Publicar un comentario