miércoles, 19 de julio de 2017

Pon as lentes da diversidade

  Pon as lentes da diversidade na CiberCaixa Mallos en A CoruñaA educación en valores de respecto e tolerancia é unha ferramenta básica para construír unha sociedade mellor. Por este motivo na CiberCaixa Mallos organizamos o taller "Pon as lentes da diversidade" durante o mes de xullo con xogos e dinámicas para os nosos usuarios/as de infantil e primaria.
Taller LGTBQI na CIBERCAIXA MALLOS en A Coruña


CONTACONTOS LGTBQI

O taller comezou coa lectura da seguinte selección de libros de temática LGTBQI para infantil e primaria, realizada pola biblioteca Municipal de Monte Alto:
- Tres con Tango
- Titiritesa
- Aitor tiene dos mamás
- Soy Jazz
- Familiario
- Cada familia a su aire
- Las cosas que le gustan a Fran
- Ana y los patos
- Piratas y Quesitos
- Rey y Rey
Pon as lentes da diversidade na CiberCaixa Mallos en A Coruña- Ni guau ni miau.
- Mostruo rosa
- O día da rá vermella
- Oliver Button es una nena
- Isla mágica

 MURAL LGTBQI

Despois da lectura destes contos os usuarios/as debían pescudar a temática principal LGTBQI da historia.Seguidamente tiñan que escribir a frase máis representativa do libro lido nunha nube con algunha da  cores do arco da vella LGTBQI. Os usuarios/as mais pequenos fixeron un debuxo do conto escoitado.

Por último, realizouse un mural coas frases das nubes de diferentes cores, os debuxos dos máis pequenos e as lentes de cores que chamamos "As lentes da diversidade". Ditas lentes son máxicas porque permiten mirar aos demais sen ningún tipo de prexuízo. O concepto de prexuízo  foi traballado na aula xunto aos termos estereotipo e discriminación de forma lúdica.

 
Pon as lentes da diversidade na CiberCaixa Mallos en A Coruña
Frases dos libros lidos con temática LGTBQI



 XOGOS E DINÁMICAS

Con todo, a través dos xogos e as dinámicas  puidemos comprobar que existen outras  lentes  que nos fan ver ás persoas con estereotipos ou prexuízos cada vez que nolas poñemos e desta forma pódese producir a discriminación. Tódolos usuarios/as  puxémonos estas lentes e comprobamos que non nos deixan ver todas as cores do arco da vella.

Pon as lentes da diversidade na CiberCaixa Mallos en A Coruña
As lentes dos prexuízos


Pon as lentes da diversidade na CiberCaixa Mallos en A Coruña
As lentes dos estereotipos


Seguidamente podedes ver o esquema dos conceptos traballados no obradoiro cos usuarios/as de tercer ciclo de Primaria. Segundo a psicoloxía social, temos unha propensión ao prexuízo na medida que tende a formar xeneralizacións ou categorías que nos permiten simplificar o mundo.Estas categorizaciones baseadas en estereotipos adóitanse converter en prexuízos cando non son reversibles.



 Dinámica  Tercer Ciclo Primaria: A Árbore dos Estereotipos

Unha dinámica salientábel deste taller foi a árbore dos estereotipos,  empregada para comprender a función dos estereotipos e as razóns polas que se manteñen. Así, os usuarios/as tomaron conciencia da existencia de moitos tipos de prexuízos e foron conscientes da importancia das suas actuacións ante a discriminación de persoas polo seu físico, a súa orientación sexual, a súa relixión, a súa nacionalidade, a súa raza, a súa etnia...




 Instrucións para o grupo:

- Debuxade unha árbore do tamaño dunha persoa, con raíces, tronco e ramas.

- Nas raíces, escribide aqueles medos e prexuízos que xeralmente se manifestan cara ás persoas que consideramos diferentes.

- No tronco, escribide o tipo de condutas que provocan a discriminación das minorías.

- Na copa da árbore, escribide vosas solucións e suxestións para participar na construción dunha sociedade na que todas as persoas son tratadas desde o respecto, a xustiza e a solidariedade.



-Pintade a vosa árbore.(estilo libre)

- Colgade os vosos debuxos no encerado da ciber, paseade e comentádeos con todo o grupo.



Pon as lentes da diversidade na CiberCaixa Mallos en A Coruña
Pintando as lentes máxicas da diversidade
Xogos online e unha canción sobre as familias
No taller utilizamos unha  aplicación didáctica elaborada para a Consellería de Eudcación da Junta de Extremadura,  para o alumnado de Educación Infantil, a través do cal poderemos ampliar o concepto de diversidade familiar.
 http://conteni2.educarex.es/mats/11367/contenido/index2.html
 http://conteni2.educarex.es/mats/11367/contenido/index2.html

Outro dos recursos empregados para os usuarios/as de infantil foi unha das cancións da serie Andaluna e Samir sobre as diferentes familias. "Andaluna e Samir" é unha serie de animación producida pola Consellería de Igualdade e Benestar Social da Junta de Andalucía, os seus episodios transmiten de forma pedagóxica valores como; a solidariedade, a cooperación, a defensa do medio ambiente, a igualdade, etc.



Letra da canción

Papás y mamás, abuelos y abuelas
como sea tu familia, ¡enhorabuena!
Hermanas y hermanos nos ayudamos
y entre nosotros nos respetamos.
Nos ayudan a ver que está bien o mal
y juntos descubrir que es la felicidad.
Ser buenas personas es lo importante
ir con la verdad siempre por delante.

Estribillo:
Todas las familias son diferentes
compuesta por poquitos o mucha gente.
Siempre nos dan amor y cariño
cuidando y educando a las niñas y niños.
Con mamá y papá o solamente mamá
con papá y mamá o solamente un papá.
Con dos mamás o con dos papás
en todas las familias te querrán igual.
Con mamá y papá o solamente mamá
con papá y mamá o solamente un papá.
Con dos mamás o con dos papás
en todas las familias te querrán igual”.

FAMILIAS DE CORES


Finalmente,despois de xogar online e cantar a canción sobre a diversidade familiar tódolos usuarios/as debuxaron á súa familia
E aquí están os nosos mellores momentos do obradoiro:


Pon as lentes da diversidade na CiberCaixa Mallos en A Coruña
Os usuarios  da CiberCaixa Mallos coas lentes da diversidade


Pon as lentes da diversidade na CiberCaixa Mallos en A Coruña
Os usuarios/as da CiberCaixa Mallos coas lentes da diversidade


Pon as lentes da diversidade na CiberCaixa Mallos en A Coruña
Xogos "Pon as lentes da diversidade"
Pon as lentes da diversidade na CiberCaixa Mallos en A Coruña
Esquema dos conceptos traballados con tercer ciclo de Primaria


Pon as lentes da diversidade na CiberCaixa Mallos en A Coruña
Mural de nubes de cores coas frases dos contos con temática LGTBQI lidos

CORTO DE ANIMACIÓN In a Heartbeat

Un corazón que sae despedido do peito e persegue ao seu amor. Así, máis ou menos, comeza a curtametraxe In a Heartbeat, producido polo mexicano Esteban Bravo e a estadounidense Beth David. E xa conta con máis de 5 millóns de visitas despois de que se publicase de forma completa en Youtube. NON VOLO PERDADES!!




Máis información neste enlace:

https://construindodiversidade.gal/Inicio.php




No hay comentarios:

Publicar un comentario