A CiberCaixa empeza en abril a celebrar o Día das Letras Galegas cun mural con poemas do escritor homenaxeado e manualidades realizadas polos nenos/as da CiberCaixa. Dito mural expoñerase no Centro Cívico Os Mallos no mes de maio .
Poema e manualidade O arco da vella |
Poema e manualidade O Caracol
DEBUXOS O BIGOTE DE MIMI POEMA E MANUALIDADE ROSAS
Nestes obradorios adicados a coñecer a figura e a obra de Manuel María realizaronse diferentes actividades online. Ademáis, recitáronse poemas de Manuel María dos libros A luz resucitada; Os soños na gaiola e As ruas do vento ceibe. Os pequenos/as da CiberCaixa leron O Bigote de Mimi escrito polo autor homenaxeado e fixeron debuxos e manualidades relacionadas co conto.
POEMA MAPA DE GALICIA con debuxo E POEMA SOL con manualidade
POEMA BOLBORETA con manualidade E POEMA Lúa con manualidade
E por último, outra das manualidades que se fixeron nestes obradorios representa a Manuel María, os rapaces chamárono Manolo María. Esta marioneta leva as cores de Galicia (branco e azul), as palabras na boca e unha pluma de escritor na súa man esquerda. Tamén ten corazóns vermellos coa grafía "G" de Galicia e palabras coma tatuaxes nos seus brazos e nas súas pernas.
No seguinte vídeo podedes ver a marioneta en acción:
COÑECEMOS A MANUEL MARÍA
Manuel María ofrece un perfil moi enfocado á poesía, un eido
no que está considerado unha voz fundamental na segunda metade do século XX,
aínda que tamén cultivou outros xéneros, especialmente o teatro e as narracións
infantís.
Ademais, Manuel María foi un activo promotor da cultura
galega. Percorreu todo o país -así como a emigración- coa súa participación en
recitais e charlas, tivo unha faceta de editor e tamén política, ámbito na que
exerceu como concelleiro.
Coa súa escolla a Academia homenaxea a un autor de múltiples vertentes literarias, na que destaca a poética, culto e popular a un tempo, e coa que espera que arredor da celebración do 17 maio se desenvolvan numerosas actividades a prol da normalización do galego, arela na que tanto insistiu o propio Manuel María.
ACTIVIDADES ONLINE
No hay comentarios:
Publicar un comentario