lunes, 14 de octubre de 2024

Retratos de TIm Burton




Tim Burton coas súas películas  transpórtanos ás profundidades da súa imaxinación, pero quizá o que non sabedes  é que Tim Burton é un artista que domina o debuxo e a ilustración. 

Esta disciplina artística  sempre foi parte da vida de Tim Burton. Unha  maneira de comunicar as súas ideas e sentimentos, polo que sempre viaxa cun lapis no peto. 

Burton describe a súa necesidade de debuxar como unha maneira de centrarse e dar renda solta á súa imaxinación. O debuxo facilitoulle escapar do que non lle gustaba durante a súa infancia e mocidade no suburbio americano no que vivía, ademais de axudarlle coa súa timidez. 

Animádesvos a debuxar a maneira de Tim Burton?


 1.- Jack Skellington


Que tal se comenzamos con Jack Skellington, protagonista da película The Nightmare Before Christmas?




2.- R E T R A T O S

E os retratos? Que vos parece probar  con algunha destas ideas?
Elexide as opcións do voso retrato no seguinte cadro e tamén podedes ver os vídeos e pdfs  que tedes o final desta entrada se queredes profundar mais nas técnicas de debuxo.  

3.-U N      V Í D E O      X E N I A L



O primeiro que podedes facer para aprender a debuxar retratos como Tim Burton  e practicar a vosa técnica de sombreado. 

Aproveitade este vídeo onde nos explica as técnicas de sombreado e aquí tedes un pdf para practicar esta técnica:



Por último, podedes esculcar o pdf onde temos unha chea de ideas para o noso retrato e máis vídeos con exemplos:

4.- L I G A Z Ó N     INSPIRADORA


5.-M A I S     V Í D E O S    CON EXEMPLOS

1

2

3

4




Diferentes ejemplos de retratos                                              Autorretrato


No hay comentarios:

Publicar un comentario