Qué son os alimentos de tempada?
Son aqueles alimentos que se colleitan nunha determinada estación ou época do ano, cando o clima e as condicións naturais son as axeitadas para o seu crecemento completo.
¿Sabedes cal é a froita e a verdura de tempada do verán ?
Fonte: FACPE
Busca o intruso
Alimentos de tempada: verán, an interactive worksheet by rosafielpaz
liveworksheets.com
liveworksheets.com
¿Sabedes os nomes das froitas en galego ?
Adiviña as froitas
Imos traballar na aula temáticas relacionadas coa agricultura e a alimentación, grazas a Amigos da Terra e as Aulas Galegas.
Con esta proposta vades reflexionar sobre a orixe dos alimentos, calcular os kilómetros que percorren ata chegar á súa mesa e coñecer a súa estacionalidade.
Obxectivos:
- Describir ordenadamente o proceso de obtención dun produto ata a súa venda, valorando o impacto deste proceso no medio ambiente.
- Explicar as causas e consecuencias do cambio climático e actuacións responsables para frealo: alimentos de proximidade e alimentos de tempada
- Recoñecer estilos de vida saudables e os seus efectos sobre o coidado e mantemento do funcionamento global do corpo e tamén do medio ambiente.
- Elaborar un menú saudable con alimentos de proximidade e de tempada
No hay comentarios:
Publicar un comentario