martes, 3 de abril de 2018

Conto taller: Un paseo polas estrelas


Na   CiberCaixa encántanos xogar a aprender como é o mundo que nos rodea. Así que decidimos "Caer de  cú polo universo" e coñecer coa nosa amiguiña Pandora todo o que acontece alí arriba. 

 
 















Pasámolo en grande con ela e despois de ler ese conto e mergullarnos en moitos libros da Biblioteca Municipal de Monte Alto miramos o ceo doutra maneira ven distinta.

Neste CONTO TALLER  poidemos escribir una postal a Pandora e pintar un debuxo! Tamén os usuarios/ as de primaria coñecemos  a historia   mitolóxica dalgunhas das constelacións como a Osa Maior e fixemos outras actividades que nos propuso a NASA  na seguinte ligazón:
   https://www.mdscc.nasa.gov/upload/201409/Actividades_previas_(Estrellas).pdf


De feito, as constelacións foron froito da imaxinación das persoas que viviron en civilizacións antigas. Ademais de crear historias con elas, e entre elas, tamén creron firmemente que algunhas das constelacións determinaban o destino das persoas. A esas constelacións chámallas constelacións do zodíaco ou signos do  zodiaco.

Mural "Caer de cú polo universo"




No hay comentarios:

Publicar un comentario