domingo, 29 de abril de 2018

A importancia que ten na nosa vida diaria aprender a relaxarnos

A ansiedade e a tensión non só afectan os adultos; de feito, son cada vez máis os nenos e nenas que presentan alteracións na conduta que, do mesmo xeito que nos adultos, responden a situacións que lles xeran ansiedade ou medo.
Neste taller mediante as técnicas de relaxación axudamos ao desenvolvemento da súa intelixencia emocional e, ao mesmo tempo, inculcámoslles hábitos saudables que poderán poñer en práctica ao longo da súa vida.

EXPLICACIÓN PARA APRENDER A RESPIRAR
Nun primeiro momento visualizamos esta animación para comprender a importancia que ten na nosa vida diaria aprender a relaxarnos :
  https://www.educaixa.com/microsites/KitsCaixa_valores/Emociones_perturbadoras_solos/index.html

Despois de visualizar a animación realizaremos XOGOS ONLINE  para comprender como xestionar as emocións: 
https://www.educaixa.com/microsites/KitsCaixa_valores/Emociones_perturbadoras_solos/index.html

Por último, explícaselles e facilítaselles  uns recursos para aprender diversas técnicas de relaxación:

Recursos para aprender a respirar e practicar a relaxación: 

Nesta animación temos un recurso para aprender a relaxarnos.A proposta iníciase cunha animación protagonizada por un inquieto personaxe que se desliza dun lado a outro sobre uns patíns e comenta que sente nervios e non ten ganas de facer os deberes porque non logra concentrarse. De súpeto, interrompe o seu ir e vir desenfreado e decide poñerse a pintar un debuxo centrado coa intención de que a axude a acougarse e a centrarse.


Ao terminar de  colorear o debuxo, o personaxe comenta en voz alta a sensación de tranquilidade que sente despois de estar pintando un intre e a disposición que ten para realizar o traballo que lle espera: os deberes.
https://www.educaixa.com/microsites/KitsCaixa_valores/dibujos_centrados_1/


Os seguintes recursos son tres vídeos que  constituen un bloque chamado "Pequenas Relaxacións" que ten por obxectivo que os nenos e nenas coñezan e practiquen diferentes exercicios de curta duración (2 minutos aprox.) para aprender a relaxarse e que os poidan realizar sempre que o consideren conveniente.






No hay comentarios:

Publicar un comentario