Interésalles aos nenos a filosofía? Interésanos aos adultos que hai anos que deixamos de preguntarnos polas cousas? Aos adultos non o sei pero aos nenos/as encántalles preguntar por cousas importantes: De onde veño? Onde estaba eu antes de nacer?... este tipo de preguntas son un pronto espertar, que non sempre ten unha resposta acertada
A Cibercaixa Mallos organizou un taller sobre filosofía para nenos/as que busca fomentar e conservar nos nenos/as a actitude que teñen en común os filósofos coa infancia: a curiosidade por todo o que lles rodea e o non dar nada por sentado. A inacabable cadea de preguntas ?E por que? E por que? E por que?? que caracteriza unha determinada etapa do desenvolvemento do neno/a convértese en modo de vida para o filósofo/a, e esa é a actitude que se busca salvagardar.
Esta é a selección de libros que facilitounos a Biblioteca Municipal de Monte Alto para este taller de lectura
No hay comentarios:
Publicar un comentario